Mambo Tecnicolor

Mambo Tecnicolor é a obra máis rompedora e arriscada de Manuel Seixas. Escrito sen trabas, auto censuras nin eufemismos. Violento, ríspeto, duro. Verdadeiro.
Rachando formas e fondos o autor debulla unha viaxe en oito actos que nos presentan unha obra redonda, completa en si mesma, que percorre os camiños da negrura, da ruindade da existencia humana, das historias fiadas de lugar maldito que cheira a alcol, do perfume anticlerical, da tenrura obtida e perdida, do humor como salvación fermosa e como cáustica constatación, das instrucións cheas de retranca, do cine como faro e guía ou do amor cru. Unha obra inclasificable e única. Unha voz poética que salta os límites da propia poesía para amosarnos un universo salvaxe con moitos oasis onde repousar a cabeza mentres “escoitas” o Mambo.

LÁMINAS MAMBO - RAMÓN DÍAZ

 

UN! - BREVE HISTORIA FAMILIAR OU FÓDETE!

DOUS! - CEGUEIRA ESQUIZOIDE

 
 

TRES! - O PESO DOS OLLOS OU LIN A HANDKE E GUSTOUME (MOITO)

CATRO! - DECADENCIA OU OUTRA VEZ BORRACHO

 
 

CINCO - ENFERMIDADE OU DE COMO AS XENTES SOFREN EN CASAS, RÚAS, HOSPITAIS, SOFREN, E PARA NADA É DOR CONCEPTUAL

SEIS - MILAGRES DO UNIVERSO OU HAI QUE IR Á NOVENA DE SANTA RITA PARA LLE PEDIR IMPOSIBLES E LOGO ESTÁ O DOS SACRAMENTOS

 
 

SETE! - VIDEANDO SÉTIMO ARTE (O SÉTIMO NAS OLIMPÍADAS ÁS VECES LEVA DIPLOMA OLÍMPICO) OU DESPOIS DE "ZELIG" E "O ESTADO DAS COUSAS", XA NUNCA SEREI O MESMO

OITO! - CONSELLOS PRÁCTICOS OU O QUE NUN PRINCIPIO ÍAN SER INSTRUCIÓNS PARA NON SE ABRIR EN CANAL PARA NON FALAR DE MÁIS E MIRA TI POR ONDE A FUN CAGAR CANDO XA PENSABA QUE O TIÑA TODO CONTROLADO E XA ÍA QUEDAR BEN TODO BEN POSTIÑO E CANDO UN MENOS O ESPERA, VÁISELLE A MAN E...CALA! ARREDEMO!, CALA!, E NON HAI MANEIRA, NADA